Axudas económicas a alumnado que realiza a formación en empresas establecida para as ensinanzas incluidas no sistema de Formación Profesional
Dúas modalidades:
- Modalidade A: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a formación en empresa dentro do territorio español.
- Modalidade B: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a formación en empresa fóra do territorio español.
Requisitos:
1. Estar matriculado nun centro público desta comunidade autónoma ou, no caso dos centros privados, nun ensino concertado coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
2. Realizar prácticas en empresas ou entidades colaboradoras, entre setembro de 2024 e decembro de 2025, no marco dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos.
3. Finalizar completamente o período de formación práctica en centros de traballo ou finalizar completamente o período de formación en empresas establecido para un curso académico en ensinos de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, antes do 31 de decembro de 2025.
4. Realizar como mínimo o 80 % das xornadas en empresa establecidas en cada ensino segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual intensiva para o curso académico correspondente.
5. No caso do alumnado de ensinos de FP dual en réxime intensivo, que o proxecto non inclúa axudas para o desprazamento ou aloxamento.
6. No caso da modalidade A, que o concello do centro de traballo sexa distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do/da alumno/a durante o período de realización da formación en empresa.
7. No caso da modalidade B, que o/a alumno/a non gozase dunha axuda Erasmus+ KA121, KA122 ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da formación en empresa.
8. Cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Prazo:
Do 17 de agosto ao 10 de setembro de 2025 para alumnado matriculado en ensinanzas de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa ata o 31 de agosto de 2025.
Do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2025 para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2025. Este alumnado deberá finalizar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2025
Máis información:




Comments