Cursos de Medio Ambiente e Protección Animal
A Deputación da Coruña convoca cursos de Medio Ambiente e Protección Animal destinados a calquera persoa, maior de idade, con domicilio nun concello da provincia da Coruña.
- Medo en cans acollidos en protectoras (Cód. 2503-01).
Datas: 18 e 19 de outubro na Coruña
- Técnicas de seguimento da fauna silvestre (Cód. 2504-01).
Datas: 8, 15 e 22 de novembro na Coruña
- Iniciación á agroecoloxía. Deseño de manexo de hortos de autoconsumo (Cód. 2505-01)
Datas: 3 de novembro e 5 de decembro
A realización dos cursos conforme ao establecido nas bases da convocatoria dará dereito ao correspondente certificado.
O prazo de inscrición remata o venres 12 de setembro de 2025.
Máis información:
www.dacoruna.gal/medioambiente




Comments