Ir o contido principal
AGAALZ25

Mesa redonda ‘Innovación nos coidados: avances na investigación e modelos de atención nas persoas con enfermidades neurodexenerativas’

A atención integral de persoas que padecen enfermidades neurodexenerativas e as súas familias para mellorar a súa calidade de vida é o obxectivo da mesa redonda que terá lugar o luns 15 de setembro no CiMUS.
En colaboración coa Asociación Galega para a Axuda das Persoas con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), e como antesala do Día Mundial do Alzheimer o 21 de setembro, o centro singular da USC presta atención a unha abordaxe integral destas patoloxías, desde a perspectiva do diagnóstico e tratamento, con probas de imaxe de alta precisión; ata novidosos estudos e avances farmacolóxicos que se veñen desenvolvendo no CiMUS.
A visión neuro-psicolóxica terá tamén un importante espazo neste encontro da man de especialistas de AGADEA.

Máis información:
www.usc.gal

Comments