Ir o contido principal
Cursolinguagalega25

Cursos Lingua e Cultura galegas

A Secretaría Xeral da Lingua e a Casa de Galicia en Madrid convocan unha nova edición dos cursos de Lingua e Cultura galegas.
Este curso 2025/2026 conta por primeira vez co curso de Lingua e Cultura galegas III.

A inscrición deberá facerse entre os días 15 e 26 de setembro (ambos incluídos), de xeito presencial na oficina de Rexistro da Casa de Galicia en Madrid (de luns a venres de 09,00h a 14,00h) ou enviando todos os documentos necesarios a través do correo electrónico rexistrocasagalicia.madrid@xunta.gal .

Os cursos, de 70 horas cada un, impartiranse os martes e mércores dende o 7 de outubro ata o 24 de xuño, nos seguintes horarios:

-Lingua e cultura galegas I: Os martes de 17,30h a 19,30h

-Lingua e cultura galegas II: Os martes de 19,30h a 21,30H

-Lingua e cultura galegas III: Os mércores de 18,00h a 22,00h

Máis información:
https://www.lingua.gal/portada

Comments