Ir o contido principal
PROCELLG25

Probas Celga 2, 3 e 4.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia: do 15 de setembro ao 3 de outubro.

Máis información:
DOG 12 Setembro 2025
Sede electrónica Xunta PL500C

 

Comments