Máster Class con Paloma Muñoz
Atención, profesionais da danza!
🩰 A coreógrafa Paloma Muñoz ofrecerá un workshop o venres 3 de outubro na sede do Centro Coreográfico Galego.
A formación terá dúas partes. Na primeira, a docente compartirá unha visión do corpo influenciada por prácticas como ‘Gyrotonic’ e diversas técnicas de danza contemporánea e improvisación. Na segunda, centrarase na creación e así, partindo de conceptos ou imaxes concretas, iranse construíndo corpos, explorando como estas ideas se poden transformar en movemento e en pequenas composicións físicas.
📧 Inscrición gratuíta e aberta ata o 2 de outubro no correo formacion.ccg@xunta.gal
‼️Hai 25 prazas dispoñibles que se cubrirán por estrita orde de chegada das solicitudes




Comments