Curso Escola a Ceo Aberto: Ferramentas didácticas para naturalizar o currículo e fomentar o vínculo coa natureza
Este curso achegará ferramentas didácticas e metodolóxicas que fomentan a reconexión coa natureza, así como a naturalización do currículo e a vida escolar. Traballaranse dinámicas e actividades para favorecer o vínculo afectivo coa natureza e coa contorna próxima; así como actividades didácticas para desenvolver, ao aire libre, contidos curriculares de calquera materia, que fagan posible unha Escola a Ceo Aberto.
A finalidade principal é, por tanto, motivar, capacitar e empoderar ao profesorado participante para que favoreza o vínculo afectivo do seu alumnado coa súa contorna (e o seu propio) e desenvolva regularmente a súa actividade docente ao aire libre.
Data: venres, 24 Outubro, 2025 a domingo, 26 Outubro, 2025
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Dirixido a:
Docentes de calquera ámbito e nivel educativo (Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional, Universidade e educación de persoas adultas), profesionais da educación ambiental, acompañantes de escolas na natureza, ou público xeral interesado na educación ao aire libre.
Programa:
Venres 24 de outubro.
15:30–19:30 h. Taller vivencial para fomentar o vínculo coa natureza (Aprendizaxe Fluída).
Sábado 25 de outubro.
9:30–13:30 h.Taller de actividades curriculares ao aire libre.
15:30–19:30 h. Fundamentos metodolóxicos + Inicio de traballo en grupos sobre caso práctico.
Domingo 26 de outubro.
9:30–13:30 h. Presentación e práctica das actividades deseñadas + avaliación final.
Organiza: CEIDA
Patrocina: Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia.
Máis información:
www.ceida.org




Comments