Ir o contido principal
cgac

Manual de instrucións da arte contemporánea. Das vangardas ata os nosos días. CGAC

Lanzamos un novo curso para este trimestre! 👉 'Manual de instrucións da arte contemporánea. Das vangardas ata os nosos días', impartido polo artista e docente Suso Fandiño.

O curso ofrecerá unha análise completa das principais correntes, artistas e problemáticas que configuraron a historia da arte desde finais do século XIX ata os nosos días. O obxectivo da proposta é proporcionarlles ás persoas asistentes un marco de referencia sólido para comprender as dinámicas que definen as novas linguaxes e os novos comportamentos artísticos co fin de favorecer unha aproximación crítica e contextualizada aos movementos, axentes e discursos que artellan o noso presente cultural.

🗓️ Do 14 de outubro ao 16 de decembro
🕡 Martes de 19:00 a 20:30h
✍️ Inscricións xa abertas ata o 10 de outubro no correo edu.cgac@gmail.com
💶 Matrícula: 30 €
💻 Consulta o programa completo na ligazón

Comments