Ir o contido principal
SaudeMeUSC25

Xornadas ‘Saúde Mental e Mocidade: coidar o presente para construír o futuro’

A USC e Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolven o 8 de outubro as xornadas ‘Saúde mental e mocidade: coidar o presente para construír o futuro’. Na actividade, formulada de 16:00 a 20:00 horas no salón de actos da Facultade de Psicoloxía, preténdese conversar e coñecer distintas experiencias para a prevención, coidado e atención á saúde mental na etapa adolescente e xuvenil.

A xornada continuará con dúas mesas redondas sobre promoción e prevención da saúde mental entre a mocidade e sobre os coidados 360º da saúde mental na mocidade. Na primeira contarase coa participación da psicóloga de APEM Isabel Varela, a profesora da USC Patricia Gómez e a subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Sergas, Almudena Díaz. Na segunda, o presidente de Alume, Manuel Fernández; a xefa do Servizo de Atención á Saúde mental do Sergas, Yolanda Triñanes; a coordinadora da Unidade de Atención Psicolóxica da USC, Ana López; Álvaro Gómez Pérez, da asociación DOA; e Natalia Ruiz de Cortázar, directora da asociación Experentia. Clausura as xornadas o presidente de FEAFES, Xosé Ramón Girón.

As xornadas están dirixidas a estudantado, familias, profesionais do eido educativo, social e da saúde así como asociacións de saúde mental e afíns.

A inscrición é de balde ata completar a capacidade da sala.

Máis información:
www.usc.gal

 

Comments