Introdución á lingua e á cultura galegas
Curso de introdución á lingua e á cultura galegas no mes de novembro en Teo, para maiores de 16 anos.
📅 O curso realizarase en modalidade presencial do 17 ao 21 de novembro e terá unha duración de 20 horas, tras as que se entregará un diploma que emite a propia Xunta de Galicia.
✒️ As persoas interesadas poderán anotarse presentando a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello entre o luns, 13 de outubro, e o luns 3 de novembro. Téndela dispoñible na web do Concello ou no propio Rexistro.
🔗 Máis info en teo.gal, no apartado de novas.




Comments