Premios de Investigación Ángeles Alvariño e González Llanos 2025
O Concello de Ferrol convoca os Premios de Investigación Ángeles Alvariño e González Llanos para o ano 2025, co obxectivo de apoiar e impulsar o talento investigador. A convocatoria conta con dous galardóns de 10.000 € cada un.
Requisitos
Para poder optar aos premios, os participantes e os traballos de investigación deberán cumprir o seguinte:
-
Participantes:
-
Persoas de xeito individual, tanto con perfil profesional como investigador.
-
Equipos ou grupos multiprofesionais, formados por profesionais, persoal investigador ou unha combinación de ambos.
-
A participación está aberta a persoas de calquera nacionalidade.
-
-
Obxecto dos traballos:
-
Premio Ángeles Alvariño: Traballos de investigación pertencentes ao ámbito das Ciencias e as súas titulacións universitarias.
-
Premio González Llanos: Traballos de investigación do ámbito da Enxeñaría e a Arquitectura e as súas titulacións.
-
Solicitudes
A documentación e a información que se debe achegar coa solicitude son as que se especifican nas Bases Quinta e Sexta das bases reguladoras da convocatoria. Recoméndase consultar os ANEXOS para preparar a candidatura correctamente.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais. Este prazo comezará a contar dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información




Comments