Ir o contido principal
cultura

Estratexias dixitais para proxectos culturais

A comunicación dixital é hoxe unha peza clave en calquera proxecto cultural. Nesta sesión exploraremos como aplicar o márketing dixital ao sector da cultura e dos festivais: ferramentas, planificación e estratexias para fidelizar públicos e captar novas audiencias.

🗓️ Xoves, 6 de novembro
🕓 16.30h | Formato online
🔗 Inscrición previa dispoñible en www.proxecta,org

Imparte Lume! - @somos_lume - axencia especializada en comunicación cultural, con máis de catorce anos de experiencia e clientela como Primavera Labels, Festival Tomavistas, BIME ou Alma Festival.
A formación será dirixida por Marta Abella, directora de Lume! e profesional de referencia no ámbito da comunicación e o márketing musical.

✨ Participa e leva o teu proxecto cultural un paso máis alá!

📍 Gratuíta para unha persoa por festival asociado a PROXECTA
💶 10 € resto de asociadas | 15 € público xeral

🟡 Formación promovida dende PROXECTA | Coordinadora Galega de Festivais de Cinema coa colaboración da @culturadadeputaciondacoruna

Comments