Ir o contido principal
SONSCREAUSCLU25

Sons Creativos

O venres 24 de outubro, ás 20.15 horas na Casa do campus de Lugo con entrada libre, un novo ciclo 'Sons creativos' presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona con outras artes como a videocreación e a performance.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación de Outono Cultural artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Inmaculada Cárdenas

A historiadora, pedagoga e artista sonora e multimedia Inmaculada Cárdenas chegou á composición  a través da práctica pedagóxica, e logo de coñecer a François Delalande levará á Facultade luguesa a Padagoxía da Creación Musical, que porá en práctica cun grupo de artistas de Lugo que se chamarían Espacio permeable.

En 1997 funda o Grupo de Creación Musical da USC (GCMUS), que dirixe e que hoxe leva o nome de Grupo de Creación Sonora, co que levou a cabo diversos proxectos de creación musical, coa vertente pedagóxica sempre presente, ben na investigación que busca novas formas, ben na formación do estudantado. O seu interese por outros medios de expresión como a danza e o audiovisual permitiu que moitas das súas obras fosen coreografiadas ou presentadas con soporte audiovisual a partir das súas propias ideas, o que o levou a traballar en estreita colaboración con artistas doutros ámbitos, como os traballos electroacústicos O Museo, A Memoria e os Xogos e Mosteiro Suite reeditados con danza en colaboración co Espazo Universitario de Danza da USC.

Máis información:
www.usc.gal
 

Comments