Ir o contido principal
XORABOVIXELU25

XIII Xornadas de Avogados e Avogadas contra a Violencia de Xénero

A Delegación Territorial da Xunta acollerá o xoves 23 e o venres 24 de outubro as XIII Xornadas de Avogados e Avogadas contra a Violencia de Xénero, organizadas polo Consello Xeral da Avogacía Española.

O encontro reunirá a maxistrados, xuíces, fiscais e letrados de distintos Colexios da Avogacía de España expertos na materia, para compartir experiencias, analizar os avances normativos e organizativos e expoñer os desafíos na atención ás vítimas.

A inauguración será o xoves 23 ás 9,30 horas. A primeira mesa, moderada por Félix Mondelo, abordará os principais retos na defensa das vítimas de violencia de xénero. Intervirá a fiscal delegada desta área na Fiscalía Superior de Galicia María Elena Steinger Doallo.

Pola tarde analizaranse aspectos relativos á violencia sobre as mulleres na lei orgánica 1/2025, que introduce medidas de eficiencia no servizo público de xustiza. Participarán a maxistrada titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Jaén, Isabel Moreno; e o avogado Francisco Javier Pérez. A avogada Concepción Ortega, vocal da Subcomisión de Violencia sobre as Mulleres do Consello Xeral da Avogacía, será a moderadora.

A última mesa do xoves estará adicada á comarcalización dos xulgados e os seus efectos na asistencia letrada. Participarán as avogadas Raquel Marco, Catalina Alcázar, María Francisca Domínguez e Patricia López – esta última como moderadora -, todas elas vogais da Subcomisión de Violencia sobre as Mulleres do Consello Xeral da Avogacía; e a xuíza do Tribunal de Instancia nº 1 de Verín María iglesias.

A sesión do venres comezará cun relatorio sobre asistencia letrada a vítimas de delito sexual, coa participación das avogadas María Martín e Carmen Sala. A continuación abordarase a realidade dos menores vítimas de violencia, considerados como “vítimas invisibles”. Intervirán os avogados Ramiro Guinea e Sonsoles Prieto, ambos membros da mencionada Subcomisión.

Máis información:
https://www.abogacia.es/formacion/xiii-jornadas-de-abogados-y-abogadas-contra-la-violencia-de-genero/

Comments