Ir o contido principal
postal

O Concello do Pino anima á mocidade escolar a participar no XXIII Concurso de Postais de Nadal 2025

O Concello do Pino ven de convocar unha nova edición do tradicional Concurso de Postais de Nadal, que neste 2025 acada xa a súa vixésimo terceira edición. A iniciativa, impulsada pola Concellería de Cultura e Educación, busca fomentar a creatividade artística e manter viva a tradición do Nadal entre a infancia e a mocidade do municipio.

Poderán participar todos os nenos e nenas en idade escolar empadroados no Pino, así como o alumnado do CPI Camiño de Santiago e da Escola Unitaria de Gonzar. O prazo para presentar as postais estará aberto ata o 28 de novembro de 2025.

As postais deberán ter temática navideña e incluír a inscrición “O Pino, Bo Nadal e Feliz 2026”. Admitiranse todas as técnicas plásticas —pintura, témpera, acuarela, collage, etc.— e o formato máximo será DIN-A4.

O certame inclúe cinco categorías:

  • Educación Infantil

  • Educación Primaria (1º, 2º e 3º ciclo)

  • Educación Secundaria

Haberá un premio por categoría, consistente en libros e material escolar, cun valor que vai dos 30 aos 55 euros, dependendo do nivel educativo.

O fallo do xurado coñecerase o 5 de decembro e os premios entregaranse durante a Cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro de 2026.

Segundo destaca o Concello, este concurso “é unha oportunidade para que a rapazada exprese a súa creatividade e participe de maneira activa nas celebracións locais do Nadal”.

Prazo de presentación: ata o 28 de novembro de 2025
Máis información e bases completas:

www.opino.gal

BOP

Comments