Ir o contido principal
cabaza

Concurso de Cabazas Decoradas de Samaín 2025 en Ortigueira

O Concello de Ortigueira convoca o Concurso de Cabazas Decoradas de Samaín 2025, unha cita xa tradicional que convida a veciños e veciñas de todas as idades a deixar voar a súa imaxinación e creatividade decorando cabazas naturais, talladas ou pintadas.

Segundo a resolución da Alcaldía (nº 2025-1037, de 16 de outubro), o prazo para participar estará aberto do 20 ao 25 de outubro de 2025. As cabazas deberán entregarse na Oficina de Turismo de Ortigueira en horario de 9:00 a 14:30 horas.

As categorías de participación son:

  • De 3 a 6 anos

  • De 7 a 12 anos

  • De 13 a 18 anos

  • Maiores de idade

  • Aspromor

  • Residencia de persoas maiores “Dolores Díaz Dávila”

O xurado valorará a orixinalidade e creatividade das cabazas. O fallo terá lugar o sábado 25 de outubro ás 19:00 horas no primeiro andar do Mercado Municipal, e a continuación celebrarase a entrega de premios no Centro Social de Ortigueira.

Cada categoría contará cunha cabaza gañadora, ademais dos premios especiais para Aspromor e a Residencia de Maiores. Todas as persoas participantes recibirán un agasallo polo seu esforzo e participación.

As bases completas poden consultarse na Sede Electrónica do Concello de Ortigueira:
🔗 https://ortigueira.sedelectronica.es/board

🧙‍♀️ Non perdas a oportunidade de participar nesta celebración máxica do Samaín e amosar o teu talento decorativo!

Comments