Castelao e as palabras agochadas. Escape room no Museo
Misteriosos retos e arrevesadas pistas agóchanse nos corredores da exposición Castelao. Mirar por Galicia... A vosa misión? Resolvelas todas para descubrir as palabras agochadas e formar con elas a mensaxe oculta que resume o espírito da mostra, e tamén a vida e o pensamento de Castelao.
Nesta xincana por equipos en formato 'escape room' atoparedes un feixe de enigmas para poñer a proba o voso enxeño, ao tempo que vos achegades dunha forma lúdica e inmersiva á figura e ao legado dunha das figuras máis senlleiras da historia de Galicia.
Castelao e as palabras agochadas está encadrada en Gaiás Inspira, unha nova liña de programación que abrangue diferentes actividades divulgativas, lúdicas e didácticas ao redor das exposicións do Museo Centro Gaiás, dirixidas tanto a público adulto como infantil e xuvenil, con propostas innovadoras que converten as salas do Museo nun espazo vivo, aberto á participación do público, ao xogo, e á aprendizaxe compartida.
Datas: 1, 8, 15 e 29 Novembro de 2025
Horario:18.00 horas.
Lugar: Museo Centro Gaiás.
Máis información:
www.cidadedacultura.gal




Comments