V Fórum do Camiño de Santiago
O Fórum do Camiño de Santiago, considerado o principal punto de encontro profesional do sector, desenvolverase entre o 9 e o 11 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, cun programa que combinará actividades abertas ao público, propostas gastronómicas e espazos de debate sobre o futuro do turismo xacobeo.
Ofreceranse múltiples experiencias especialmente no ámbito culinario e actividades gratuítas ao longo das tres xornadas.
O domingo 9 de novembro será o día máis participativo, co xa tradicional Open Day, que incluirá degustacións, demostracións e espectáculos abertos a todos os visitantes.
A área expositiva ocupará o Museo da Cidade da Cultura, onde se reunirán destinos nacionais e internacionais, empresas turísticas, aloxamentos, axencias, asociacións vinculadas aos roteiros xacobeos e firmas tecnolóxicas, ofrecendo unha visión global da oferta turística ao redor dos Camiños de Santiago.
Máis información:
https://fairwaysantiago.com/




Comments