Ir o contido principal
árbores de nadal

II Concurso de Árbores de Nadal 2025 – Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño convoca, a través das Concellerías de Cultura e Medio Ambiente, o II Concurso de Árbores de Nadal, destinado a fomentar a creatividade, o lecer e a concienciación medioambiental mediante o uso de materiais ecolóxicos ou reciclados.

Participantes:

  • Aberto á veciñanza de Tomiño, en grupos de mínimo dúas persoas (sen máximo).

  • Cada grupo só poderá presentar unha proposta.

Inscrición:

  • Prazo: 10 de novembro a 10 de decembro de 2025.

  • Formulario online: www.tomino.gal

  • Envío de documentación antes do 15 de decembro ao correo tecnica.medioambiente@tomino.gal: foto da árbore, descrición, materiais empregados e copia dos DNI.

Requisitos das árbores:

  • Altura: 0,90 a 1,50 m.

  • Material: reciclado ou ecolóxico, resistente á intemperie.

  • Numeración do proxecto visible na árbore.

Premios:

  • 1º: 600 €

  • 2º: 300 €

  • 3º: 150 €

Entrega de premios:

  • Data: 22 de decembro de 2025, ás 12:00 h, no Salón de Plenos do Concello.

Máis información:

 

Comments