Concurso de Decoración de Nadal 2025 no Concello de Touro: “Touro vive o Nadal”
Requisitos de participación
Poderán participar:
-
Persoas maiores de idade residentes no Concello de Touro (propietarias ou arrendatarias con autorización).
-
Establecementos comerciais situados no municipio.
Non poderán participar persoas que teñan débedas en período executivo co Concello ou quen manteña relación directa co xurado (parentesco en 1º ou 2º grao).
Solicitudes e documentación
As persoas participantes deberán presentar:
-
Instancia xeral + Anexo I (modelo de solicitude).
-
Dúas fotografías da decoración: unha diúrna e outra nocturna.
-
As solicitudes poden presentarse:
-
A través da sede electrónica do Concello de Touro.
-
De forma presencial no Rexistro Xeral (de luns a venres, de 08:00 a 15:00 h).
-
Prazo de presentación
O prazo permanecerá aberto ata o 15 de decembro de 2025.
Condicións da decoración
A decoración deberá ser visible desde a vía pública e permanecer instalada entre o 16 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026.
Premios
O concurso conta cun total de 1.000 € en premios nas categorías de particulares e comercios, ademais de diplomas e detalles especiais como ceas ou cestas de Nadal.
Máis información
As bases completas poden consultarse na sede electrónica do Concello de Touro ou no Boletín Oficial da Provincia.




Comments