Concurso de decoración de escaparates de Nadal 2025 – Concello de Castroverde
O Concello de Castroverde convoca o concurso de decoración de escaparates con motivo do Nadal 2025, co obxectivo de potenciar a imaxe dos establecementos comerciais e contribuír á ambientación festiva das rúas.
Participantes
Poderán participar todos os establecementos comerciais do municipio con escaparate visible desde a rúa. Cada negocio poderá inscribirse cun único escaparate.
Temática
A decoración deberá inspirarse no Nadal, sendo libre a técnica e o estilo empregados. Cada escaparate deberá levar un título identificativo.
Inscricións
As inscricións deberán realizarse nas oficinas do Concello ata o 12 de decembro de 2025, presentando o formulario de participación e fotografías da decoración. O cartel acreditativo deberá permanecer visible ata o 7 de xaneiro de 2026.
Premios
-
1º premio: 300 € + diploma
-
2º premio: 200 € + diploma
-
3º premio: 100 € + diploma
Os premios deberán investirse en establecementos comerciais do concello e xustificarse antes do 31 de xaneiro de 2026.
Publicación
Os escaparates gañadores publicaranse a finais de decembro na web e redes sociais do Concello: www.concellodecastroverde.gal
Máis información
As bases completas están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Castroverde




Comments