Ir o contido principal

O Concello do Corgo abre un proceso selectivo para a contratación de persoal dentro do Programa de Reforzo do Emprego 2025

O Concello do Corgo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia de Lugo as bases para a selección e contratación temporal de catro postos de traballo destinados ao Programa Temporal de Reforzo do Emprego 2025, financiado polo Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025.

📌 Postos ofertados

  • 1 oficial 1ª conductor de camión

  • 1 oficial 1ª albanel

  • 2 oficiais 2ª albanel

Os contratos terán unha duración máxima de 6 meses, en función das necesidades do programa, que se desenvolverá durante os anos 2025 e 2026.

📅 Quendas de contratación previstas

  • Decembro 2025 / Xaneiro 2026:

    • 1 oficial 1ª conductor

    • 1 oficial 2ª albanel

  • Marzo / Abril 2026:

    • 1 oficial 1ª albanel

    • 1 oficial 2ª albanel

Así mesmo, crearase unha bolsa de emprego para substitucións ou posibles vacantes mentres dure o programa.

🧰 Principais funcións

As persoas contratadas realizarán tarefas ligadas a servizos municipais esenciais, obras de saneamento e abastecemento, mantemento de infraestruturas viarias e actuacións de interese público no conxunto do termo municipal.

✔️ Requisitos destacados

  • Ter entre 16 e 65 anos.

  • Estar desempregado/a ou en mellora de emprego.

  • Posuír as capacidades físicas e psíquicas necesarias.

  • Acreditar coñecemento de galego a nivel Celga 3 ou superar a proba correspondente.

  • Carnés de conducir segundo o posto:

    • B para oficiais 1ª e 2ª

    • C1 no caso do oficial conductor de camión

📝 Presentación de solicitudes

O prazo para inscribirse é de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP de Lugo.

As solicitudes poden presentarse:

  • No Rexistro Xeral do Concello do Corgo

  • A través da sede electrónica: concellodocorgo.sedelectronica.gal

  • Por correo postal, nos termos legalmente establecidos

Recoméndase a presentación directa no rexistro ou vía electrónica para evitar exclusións por prazos de recepción.

📄 Máis información

As bases completas poden consultarse:

Comments