VI Xornada Tecnoloxía para o Ben Común.
A Universidade de Vigo convoca a Xornada Tecnoloxía para o Ben Común: Educación, Investigación e Cooperación para o Desenvolvemento nas Universidades Galegas, o venres 21 de novembro de 10:30 a 14.30 horas no salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do Campus de Vigo.
Organizada pola rede Artigo9tech, pretende ser un lugar de encontro para o PDI, PTXAS e outros/as colaboradores/as das tres universidades públicas galegas e da sociedade civil galega que traballan no ámbito da tecnoloxía aplicada no contexto da cooperación ao desenvolvemento.
As xornadas son gratuitas, con inscrición previamente.
Máis información:
https://cartolab.udc.es




Comments