Ir o contido principal
postales

Concurso de Postais de Nadal 2025 do Concello da Laracha

Obxecto
Fomentar a participación do alumnado do municipio na creación de postais de Nadal.

Participantes
Poderá participar o alumnado do municipio das seguintes etapas:

  • Educación Infantil (4º, 5º e 6º)

  • Educación Primaria (1º a 6º)

Presentación de traballos
Os centros escolares entregarán as postais na Casa da Cultura da Laracha.
Requisitos:

  • No reverso: nome e apelidos, curso e centro.

  • Formato libre.

  • En Primaria: non se admitirán traballos realizados cun modelo idéntico para toda a clase; cada postal debe ser individual.

  • O incumprimento destes requisitos supón a descualificación.

Prazo
Entrega ata o martes 16 de decembro de 2025.
A cualificación será o xoves 18 de decembro ás 10:00 h na Biblioteca Municipal.

Premios
Establécense 12 premios en catro categorías:

  • A (Infantil): 1 premio por nivel (4º, 5º e 6º).

  • B (1º–2º Primaria): 3 premios.

  • C (3º–4º Primaria): 3 premios.

  • D (5º–6º Primaria): 3 premios.

Premios: xogos, material educativo e/ou libros adaptados á idade.

  • En Infantil: premio colectivo por aula.

  • En Primaria: premio individual.

Xurado
Formado por dúas persoas nomeadas pola Concellería de Cultura e unha persoa representante de cada CEIP: Ramón Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión.

Listaxe de premiados
Publicarase en www.alaracha.gal e no Facebook municipal.
As persoas premiadas deberán recoller o galardón o venres 19 de decembro ás 19:30 h na Casa da Cultura da Laracha.

Comments