Concurso de Panxoliñas “María Angeriz Tuset” · Nadal 2025
Obxecto
Fomentar a participación das asociacións e coros do municipio promovendo o espírito do Nadal mediante interpretacións musicais propias destas datas.
Participantes
Poderán participar todas as asociacións e coros das parroquias do termo municipal. Se o grupo non é unha asociación, deberá nomear un representante legal que reciba o premio económico.
Inscrición
-
Inscrición telemática dispoñible en www.alaracha.gal
-
Se é o primeiro ano de participación ou cambiou o número de conta, debe achegarse certificado de titularidade bancaria.
-
Tamén é posible inscribirse presencialmente na Casa da Cultura da Laracha.
Prazo
O prazo ábrese ao día seguinte da publicación das bases no BOP e finaliza o xoves 18 de decembro de 2025.
Condicións de participación
-
Cada grupo actuará unha única vez.
-
Duración máxima da panxoliña: 10 minutos.
-
Interpretación en galego ou castelán.
-
Mínimo 5 compoñentes por grupo.
-
Un máximo de dúas persoas poderán formar parte de máis dun grupo.
Premios
-
Gratificación de 200 € para todas as entidades participantes.
-
Categorías:
-
1ª categoría: 400 €
-
2ª categoría: 300 €
-
3ª categoría: 250 €
-
4ª categoría: 200 €
-
Xurado
Composto por cinco persoas nomeadas pola Concellería de Cultura, podendo ser persoal municipal ou representantes do tecido asociativo. Terán en conta a calidade musical e a posta en escena. A decisión será inapelable.
Celebración
O concurso terá lugar o sábado 20 de decembro de 2025 ás 18:00 h na Casa da Cultura da Laracha.




Comments