Ir o contido principal
escaparate

Concurso de Escaparates da Laracha – Nadal 2025

Obxecto
Fomentar que empresas, establecementos e comerciantes do municipio decoren os seus escaparates con motivos do Nadal.

Participantes
Poderán participar todos/as os/as empresarios/as con escaparates exteriores en calquera parroquia do municipio.

Inscrición

  • A través do formulario dispoñible en www.alaracha.gal

  • Ou presencialmente na Casa da Cultura da Laracha.

  • Se é a primeira participación ou cambiou o número de conta, é necesario achegar o certificado de titularidade bancaria.

Prazo de inscrición
Do día seguinte á publicación no BOP ata o 21 de decembro de 2025 ás 23:59 h.

Duración dos escaparates
Os escaparates deberán permanecer decorados, sen modificacións, desde o 19 de decembro de 2025 ata o 6 de xaneiro de 2026.

Categorías do concurso

  • Valoración do Xurado:
    Criterios: creatividade, orixinalidade, iluminación e composición comercial.
    O xurado poderá declarar premios desertos. Non se valorarán escaparates iguais ou moi similares aos do ano anterior.

  • Votación en Facebook:

    • É necesario enviar unha única foto no formulario ou por correo a cultura@alaracha.gal ata o 21 de decembro ás 23:59 h.

    • As imaxes publicaranse o 22 de decembro en Facebook (Concello da Laracha).

    • As votacións permanecerán abertas ata o 2 de xaneiro de 2026 ás 12:00 h (válidas só reaccións positivas “gústame” ou “encántame”).

    • As tres fotos con máis reaccións positivas serán premiadas.

Premios

  • Premios Xurado:

    • 1º: 500 €

    • 2º: 400 €

    • 3º: 300 €

    • 4º: 200 €

    • 5º: 100 €

  • Premios Facebook:

    • 1º: 150 €

    • 2º: 100 €

    • 3º: 50 €

Os establecementos poden gañar ata dous premios: un do xurado e outro do Facebook.

Valoración do xurado
Realizarase o 23 de decembro a partir das 18:00 h. Os escaparates non visibles nese momento quedarán excluídos.

Publicación dos resultados
A listaxe de premios publicarase en www.alaracha.gal e en Facebook (Concello da Laracha). As persoas premiadas serán notificadas.

Comments