Ir o contido principal
PISGA25

Galicia convoca os Premios de Investigación en Saúde (PISGa) 2025 para impulsar a investigación traslacional e a innovación na atención primaria

A convocatoria contempla dúas modalidades:

Modalidade 1: Premio a proxectos de investigación en atención primaria

Dirixido a profesionais sanitarios e de enfermaría do Sistema público de saúde de Galicia.

  • 1º premio: 5.000 €

  • 2º premio: 3.000 €
    Os fondos destinaranse a equipamento, formación, asistencia a congresos ou servizos relacionados co desenvolvemento do proxecto.

Modalidade 2: Premio a traxectorias emerxentes de investigación

Dirixido a persoal investigador do Sergas de ata 40 anos, pertencente a grupos emerxentes.

  • 1º premio: 3.000 €

  • 2º premio: 2.000 €
    A axuda destinarase a formación, congresos, publicacións ou outras actividades de consolidación científica.

As persoas premiadas recibirán tamén trofeo e diploma acreditativo.

Prazos e presentación

As solicitudes deberán realizarse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación será de un mes desde o día seguinte á publicación no DOG.

Máis información:

  • transfiresaude.eu

  • acis.sergas.es

 

Comments