Ir o contido principal
premios

XIII Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC

Xa está en marcha unha nova edición do noso Concurso de Postais de Nadal! Este ano convidamos aos nenos e nenas nados entre 2013 e 2022 a crear unha postal que debe xuntar as temáticas do Nadal e o deporte.
📅 Prazo de participación: ata o 9 de decembro
📐 Formato: unha única postal orixinal en cartolina DIN A4
✍️ Texto opcional, pero —se o leva— debe estar en galego.

🎁 Premio:
▪️1 praza no Verán CampUSC 2026
▪️1 vale de 100 € para material deportivo
▪️1 suadoiro USC
▫️O xurado poderá conceder tamén un accésit cun lote de libros e un suadoiro.

⭐ A postal gañadora será ademais a imaxe oficial da felicitación de Nadal da Fundación USC ✨

🖍️ Que valorará o xurado?
A creatividade, a imaxinación, a orixinalidade e a relación coa temática… sempre tendo en conta a idade de cada participante.

📄 As bases completas están dispoñibles na web fundacionusc.gal

Comments