"Axentes de Cambio: sensibilización intercultural en contornas socioeducativos"
Obxectivo: fomentar a interculturalidade, o respecto ás diferenzas, e o valor da diversidade en contornas socioeducativos
Destinatarios/as: educadores/as de formación regrada e non regrada, que traballan directamente con escolares entre 6 e 18 anos.
Actividades :
-Obradoiro en liña: Achegamento á realidade migratoria: ferramentas para a inclusión en contornas socioeducativas.
Abordaranse aspectos como a atención á diversidade e a prevención de discursos de odio que sofre a poboación migrante e facilitaranse recursos e ferramentas para profesionais da educación para levar a cabo un exercicio de sensibilización na aula.
-Sesión práctica: aplicación na aula. Os participantes no proxecto deberán entregar un traballo da actividade realizada na aula con descrición e fotos da actividade executada (murais, debuxos, máximo 2 follas, achegarase modelo).
Tras a participación expedirase un certificado por parte de Fundación ECCA Social de asistencia e participación á sesión.
Máis información:
vigo@eccasocial.org
Tf. 610 378 002




Comments