Xornada Fauna Carnívora UDC
O luns 1 de decembro as 12:30h. desenvolverase na Facultade de Ciencias (Salón de Actos) unha xornada arredor do coñecemento da fauna carnívora nos ecosistemas galegos.
Consistirá nunha charla introductoria a cargo de Xosé Pardavila, zoólogo especialista en mamíferos e micromamíferos, representante de Sorex Ecoloxía e Medio Ambiente.
Completarase coa mostra de rastros e pegadas, cráneos, osos, peles (sinais de identificación de mamíferos en campo), e coa saída ao Monte da Fraga para búsqueda de indicios, se o tempo o permite.
A actividade de balde está recoñecida con 2h. de dedicación para alumnado de Grao da UDC que desexe solicitar créditos.
Máis información:
https://sorexecoloxia.jimdofree.com/




Comments