Ir o contido principal
SEEUUDC25

Semana Europea para a prevención de residuos na UDC

A maior campaña de concienciación sobre a prevención de residuos en Europa leva este ano 2025 o lema "Conecta o valor, desconecta o residuo", quere concienciar sobre as actividades de redución, reparación e reutilización de aparellos eléctricos e electrónicos que poidan ser implementadas por todas as partes afectadas, administracións, empresas, factorías, e persoas a título individual ou en organización social.

Programa na UDC:
-Caracterización de residuos: Actividade de voluntariado técnico ambiental para a análise da calidade da separación do lixo en orixe.
Data: Mércores 26 novembro, de 10:00 a 13:00h.  ETSE Camiños, Canais e Portos (Campus Elviña), corredor de orlas (andar 0).

-Repair Café con Enxeñaría Sen Fronteiras. Inscricións, e tamén visita libre.
Data:Xoves 27 novembro, de 15:30 a 18:00h. no corredor de orlas, andar 0. ETSE Camiños, Canais e Portos (Campus Elviña).

Data:Venres 28 novembro, de 16:00 a 20:00h. na aula -1.5, soto. Edificio de Apoio ao Estudo (Campus Ferrol).

Exposición "O lixo na UDC : Modelo Nostián". Visita libre do 22 ao 30 de novembro, na ETSE Camiños, Canais e Portos (corredor orlas, andar 0).

Máis información:
www.udc.gal
 

Comments