Ir o contido principal
vulcanus

Programa Vulcanus en Xapón 2026-2027: prácticas industriais para estudantes de enxeñaría e ciencias

O Centro UE-Xapón convoca o programa Vulcanus para ofrecer formación lingüística, cultural e prácticas industriais en empresas xaponesas a estudantes universitarios da UE das ramas de ciencias e enxeñaría.

Persoas beneficiarias e requisitos:

  • Cidadanía dun Estado membro da UE ou asociado ao Programa do Mercado Único (alicerce PEME).

  • Estudantes matriculados nunha universidade da UE en enxeñaría ou ramas científicas (informática, química, electrónica, biotecnoloxía, física, telecomunicacións, enxeñaría civil, etc.).

  • Estar cursando, no momento da solicitude, entre o cuarto ano oficial de estudos e o penúltimo ano de doutoramento.

  • Poder acreditar a matrícula universitaria válida polo menos ata finais de xuño de 2026.

  • Ter un nivel fluído de inglés.

  • Dispoñibilidade para residir en Xapón dende agosto de 2026 ata marzo de 2027 (8 meses).

Condicións e axuda económica:

  • Aloxamento: Proporcionado pola empresa de acollida durante toda a estancia.

  • Bolsa: Ata 9.200 € en total por estudante para cubrir gastos de viaxe e manutención (inclúe seguro se non o tramita o Centro).

  • Formación: Inclúe un seminario sobre Xapón e un curso intensivo de idioma xaponés de 2 meses antes do inicio das prácticas de 6 meses.

Prazo de presentación:

Ata o 20 de xaneiro de 2026 (ás 23:00 CET).

Solicitudes:

O proceso realízase en dous pasos: cubrindo un formulario Word e posteriormente un formulario web, xunto coa documentación requirida.

Máis información:

  • Web oficial do Programa Vulcanus

  • Formulario de solicitude e instrucións

Comments