20ª edición do premio internacional Luis Ksado de creación fotográfica na Deputación da Coruña.
Tendo en conta a significación especial que posúe dende hai tempo a nosa provincia na difusión das artes da imaxe e especialmente da fotografía, e coa finalidade de contribuír á conservación da memoria de personaxes tan representativas neste campo como foi Luís Ksado, a Deputación da Coruña convoca o Premio internacional "Luís Ksado" de creación fotográfica do ano 2026.
A presente convocatoria rexerase polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 233 do 4 de decembro de 2025 dispoñibles en:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/04/2025_0000008110.pdf
O prazo de solicitude iniciarase o día 10 de febreiro de 2026, e finalizará o día 29 de maio de 2026.
Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/22/2025_0000008465.html




Comments