Ir o contido principal
concurso servizos sociais

V edición do premio boas prácticas en servizos sociais na Deputación da Coruña.

O Premio de “Boas Prácticas en Servizos Sociais” da Deputación da Coruña busca recoñecer e premiar o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña e que a xuízo desta administración destaquen pola súa labor en defensa dos dereitos da cidadanía e a favor dos grupos máis vulnerables, promovendo un maior benestar social das persoas, grupos e comunidades.

As entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña, rexistradas como entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14:00 horas do día 3 de febreiro de 2026.

Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/22/2025_0000008466.html

Comments