Ir o contido principal
concurso Nadal

Premios de escaparates de Nadal en comercios no Concello de Santiago de Compostela

O obxecto da convocatoria é dinamizar a economía local, impulsando iniciativas no comercio, que incentiven a atracción do/a cliente e o consumo, a través dun concurso que pretende fomentar que os titulares das actividades engalanen os seus locais comerciais cunha temática común, nunha época tan destacada e tradicional como o Nadal.

Son requisitos de obrigado cumprimento, para participar no concurso e acadar a consideración de persoa beneficiaria os requisitos que aparecen nas bases.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 29 de decembro de 2025.

Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/22/2025_0000008456.html

Comments