Ir o contido principal
arte

Convocatorias Residencias de Creación

🔍 Buscas oportunidades para desenvolver o teu proxecto artístico❓ Toma nota destas residencias creativas e impulsa o teu traballo.

🔸 A convocatoria de residencias de LABoral Centro de Arte y Creación Industrial (Xixón) ten como obxectivo impulsar procesos de creación e investigación e proporcionar estudos de traballo, espazo de creación e acompañamento. Seleccionaranse 3 proxectos (2 para estudos e 1 para o LABoratorio de Son) de artistas de Asturias ou residentes no Principado. ➡️ ATA o 16 XAN

🔸 A 15ª edición das residencias creativas de Eufònic / Lo Pati (Amposta, Tarragona) seleccionará 2 proxectos, de artistas individuais ou colectivos residentes en España, para desenvolver unha investigación enmarcada nas problemáticas propias do territorio ebrense, dos elementos naturais que o caracterizan e das voces das súas habitantes. ➡️ ATA o 18 XAN

🔸 O Caserío Museo Igartubeiti (Exkio, Guipúscoa) lanza unha convocatoria de residencia no marco da rede pirenaica de innovación e xestión creativa do patrimonio cultural PATRIM 4.0. Procúrase un proxecto interxeracional que reinterprete os relatos, imaxinarios e representacións do rural para repensar o futuro do territorio. ➡️ ATA o 21 XAN

🔸 A convocatoria de residencias do programa de Hangar (Barcelona) é unha modalidade de estancia sen obradoiro que se centra no proceso de investigación e produción artística contemporánea. A persoa ou colectivo seleccionado terá acceso á infraestrutura de recursos, espazos compartidos, laboratorios, programas de acompañamento e estruturas de investigación de Hangar durante 12 meses. ➡️ ATA o 26 XAN

ℹ️ Consulta as redes sociais de cada organización para máis información.

Comments