Ir o contido principal
entroido

Concurso de disfraces de entroido 2026 no Concello de O Pino

De conformidade co previsto na lei 38/2003 de subvencións, constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do concurso para o Entroido do Concello do Pino que se celebrará no ano 2026, e que con esta convocatoria se pretende fomentar a conservación e o mantemento das tradicións populares, así como fomentar e impulsar as actividades culturais, artísticas, turísticas e comerciais en xeral, establecendo, así mesmo, premios que poidan servir como estímulo individual para todos cantos estean interesados en participar na actividade que, a tal fin, se programe.

Poderán ser beneficiarios dos premios previstos nestas bases todas as persoas, así como as agrupacións de persoas físicas e xurídicas sen personalidade xurídica constituídas para a consecución dos fins sinalados como obxecto de premio.

O período de inscrición comezará ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de A Coruña e rematará o 15 de febreiro de 2026 antes do inicio do concurso.

Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/20/2026_0000000186.html

Comments