Ir o contido principal

Vilardevós convoca unha praza de oficial de servizos xerais municipais ao abeiro do Plan provincial da Deputación de Ourense

O Concello de Vilardevós abriu un proceso selectivo para contratar temporalmente unha persoa como oficial de servizos xerais municipais.

A contratación realizarase mediante sistema de concurso-oposición.

O posto está financiado ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2026 da Deputación Provincial de Ourense.

A convocatoria foi aprobada mediante Resolución da Alcaldía do 13 de marzo de 2026.

As bases completas do proceso selectivo están dispoñibles no Concello e publicadas na web municipal:
www.vilardevos.gal

O prazo para presentar solicitudes é de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello e cumprir cos requisitos establecidos nas bases.

Comments