Xornadas do Castiñeiro no Concello de Boimorto
O obxecto desta actividade é fomentar a participación cidadá nas actividades de carácter municipal e, ao mesmo tempo, dar a coñecer a importancia dos castiñeiros e dos soutos galegos. Con este fin organízanse relatorios técnicos e unha xornada práctica en campo, abordando temas como a polinización, a sanidade do castiñeiro, o cambio climático e o aproveitamento económico dos seus produtos, achegando coñecemento e poñendo en valor este patrimonio natural e cultural.
O único requisito para participar e presentar a documentación necesaria e pagar 10 euros antes do remate da fase de inscripcións.
O prazo para anotarse na actividade permanecerá aberto ata o 8 de abril.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/17/2026_0000001523.html




Comments