Praza de Tratorista no Concello de Touro
As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección dunha persoa tractorista para a realización de tratamentos preventivos de xeito mecanizado, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o concello de Touro para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2026.
As persoas que cumpran coas condicións xerais e específicas, que aparecen nas bases detalladas, poden inscribirse.
O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/07/2026_0000001993.html




Comments