Tres prazas de Peóns no Concello de Betanzos
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante a modalidade de contrato de duración determinada que proceda en cada caso (art 15.1 do E.T.; RD 2720/1998) de 3 peóns/oas, durante 9 meses, ao abeiro da Resolución da Presidencia da Deputación Provincial da Coruña.
As persoas que cumpran as condicións xerais e as específicas, que se poden consultar nas bases en detalle, pódense inscribir.
As solicitudes para formar parte do proceso selectivo presentaranse preferentemente pola Sede Electrónica do Concello de Betanzos, duranto o prazo de (5) CINCO DIAS HABILES contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/08/2026_0000002050.html




Comments