Ir o contido principal

A Pastoriza convoca dúas prazas de persoal de apoio a media xornada para centros de interpretación

O Concello da Pastoriza abre unha convocatoria pública para a selección de dous funcionarios interinos a tempo parcial (media xornada).

As prazas están destinadas ao Centro de Interpretación de Bretoña e ao Centro de Interpretación do Alto Miño en Fonmiñá.

A contratación realízase ao abeiro do Convenio de Colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, asinado o 12 de marzo de 2026.

As bases da convocatoria foron aprobadas por resolución da Alcaldía con data 10 de abril de 2026. BOPLUGO

As persoas interesadas poden consultar toda a información na web municipal (www.concellodapastoriza.es) e no taboleiro de anuncios do Concello.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, contados desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Comments