Ir o contido principal
iniciativa empresarial

Premios Iniciativas Empresariais da Deputación Da Coruña

O obxecto dos Premios PEL é recoñecer ás mellores iniciativas empresariais da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sostibilidade, ao emprendemento e á potenciación do rural.

As condicións que deben cumprir as empresas poden consultarse nas bases específicas no enlace inferior.

O prazo de presentación de candidaturas determinarase no anuncio de publicación da convocatoria dos Premios PEL no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/16/2026_0000002345.html

Comments