Cinco prazas de Controlador de aparcadoiro en superficie no Concello de Miño
O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria para a selección e posterior contratación laboral temporal polo concello de Miño de 5 controladores de aparcadoiro regulado en superficie da zona ORA da Praia Grande de Miño para a tempada de verán 2026.
As condicións que deben reunir quen queira presentarse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/16/2026_0000002282.html




Comments