Praza de Peón na Brigada Municipal de Emerxencias no Concello de Noia
O obxecto das presentes bases é a regulación do procedemento de selección, mediante o sistema de concurso-oposición e acceso libre, para a provisión en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo da categoría de peón/peoa do GES, adscrita ao servizo de protección civil, e que se encadra na escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, grupo V do persoal laboral, incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2023.
As condicións que deben cumprirse para participar poden atoparse nas bases en detalle no enlace inferior.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/16/2026_0000002266.html




Comments