Ir o contido principal

A Merca convoca tres prazas de peón/peoa forestal para persoas desempregadas

O Concello da Merca aprobou, mediante Resolución da Alcaldía nº 2026-185 (Expte. 344/2026), as bases para a selección de persoal laboral temporal co obxectivo de contratar tres persoas desempregadas como peóns/peoas forestais.

  • Programa: Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 (financiado pola Xunta de Galicia)
  • Postos ofertados: 3 peóns/peoas forestais
  • Tipo de contrato: Laboral temporal

O procedemento continuará coa presentación dunha oferta de emprego ante o Servizo Público de Emprego de Galicia, unha vez transcorridos 3 días hábiles desde a publicación deste anuncio.

As persoas interesadas poderán consultar as bases completas da convocatoria no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Merca e na súa páxina web municipal.

Os sucesivos anuncios relacionados co proceso selectivo publicaranse nos mesmos medios oficiais.

BOPOURENSE

Comments