Ir o contido principal

Praza de Bibliotecaria no Concello de Sada

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Especial, Subescala: Técnica, clase: técnicos medios, denominada: bibliotecario/a pertencente ao Grupo A, subgrupo A2 de clasificación, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 (BOP núm. 77, do 19-4-2024) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2024, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm.938/2024, do 16 de maio (BOP núm.104, 30-5-2024).

As condicións para inscribirse na convocatoria poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base cuarta das bases xerais.

Máis información aquí. https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/08/2026_0000002836.html

Comments