A Ribeira de Piquín abre o proceso de selección de persoal para o Obradoiro de Emprego “O Castro XI”
Concello da Ribeira de Piquín aprobou as bases que rexerán o proceso de selección do persoal do Obradoiro de Emprego “O Castro XI”, un programa formativo e laboral que terá unha duración de nove meses e se desenvolverá a xornada completa.
A convocatoria inclúe a selección dun/dunha director/a, dous/dúas monitores/as forestais e un/unha administrador/a.
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello da Ribeira de Piquín en horario de oficina, de 09.00 a 14.00 horas, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web municipal e tamén nas oficinas do Concello.




Comments