Ir o contido principal

A USC convoca seis prazas de axudante de arquivos, bibliotecas e museos na especialidade de biblioteca

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocou probas selectivas para cubrir seis prazas da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade biblioteca, subgrupo A2, pola quenda de acceso libre.

As prazas ofertadas terán destino nos campus de Santiago de Compostela e Lugo e o sistema de selección será o de concurso-oposición.

As persoas aspirantes deberán contar con titulación universitaria oficial de grao, diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalente. Ademais, deberán acreditar o coñecemento da lingua galega mediante o certificado Celga 4 ou equivalente, ou superar unha proba específica de galego.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Todo o procedemento realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da USC.

Os dereitos de exame ascenden a 38,02 euros, establecéndose exencións e bonificacións para persoas con discapacidade, familias numerosas e demandantes de emprego.

As bases completas da convocatoria, así como o formulario de inscrición, están dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela.

DOG

Comments