Ir o contido principal
comercio galego

Premios Comercio Galego 2026

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca os  premios do Comercio Galego para o ano 2026 co obxectivo de recoñecer o labor dos/das profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades (código de procedemento IN214C).

Poden participar nesta convocatoria as persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade e as asociacións e federacións de comerciantes retallistas e asociacións de persoas vendedoras das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Contía dos premios:
a) Premio Comercio Galego 2026, cunha contía de 5.000 euros.
b) Premio Comercio Traxectoria 2026, cunha contía de 3.000 euros.
c) Premio Comercio Emprende 2026, cunha contía de 3.000 euros.
d) Premio Comercio Dinamización 2026, cunha contía de 5.000 euros.
e) Premio Comercio Sostible 2026, cunha contía de 3.000 euros.

Categorías:
a) Premio Comercio Galego 2026.
Recoñecerase o establecemento comercial que exemplifique os valores do sector comercial de proximidade mediante a implantación dun modelo de negocio moderno, competitivo e adaptado aos novos retos.
b) Premio Comercio Traxectoria 2026.
Recoñecerase o comercio cunha longa e consolidada traxectoria comercial que pola
súa permanencia e continuidade cree un vínculo de especial arraigo coa súa vila.
c) Premio Comercio Emprende 2026.
Recoñecerase o establecemento comercial xove que lle ofreza á clientela unha experiencia de compra diferenciada.
d) Premio Comercio Dinamización 2025.
Recoñecerase a implantación do mellor proxecto ou iniciativa de dinamización comercial nos últimos tres anos (2024-2026) co obxectivo de incrementar as vendas e potenciais
clientes/as.
e) Premio Comercio Sostible 2026.
Recoñecerase o mellor proxecto ou iniciativa de promoción do consumo sostible e responsable.

Prazo de presentación de solicitudes: do 14 de maio ao 15 de xuño de 2026.

Máis información: DOG 13/05/2026
 


 

Comments